GUSTAVO RODRÍGUEZ 1ª PARTE

Gracias a Gustavo Rodríguez por concedernos esta entrevista tan amplía y detallada, y en especial a Roberto Ración, que sin el esta entrevista no sería posible. Como quiero que el blog sea internacional y Gustavo ha aceptado, le hemos realizado la entrevista en dos partes, una en gallego y otra en castellano, hoy publicare la de gallego y mañana la de castellano, así mantendré la emoción.
Primero vamos a saber algunos datos interesantes de Gustavo:
1ª Pregunta: Nome e Apelidos: Gustavo Rodríguez Iglesias.
2ª Pregunta: Data e lugar de nacemento: 16 de Setembro de 1979 (Tui).
3ª Pregunta: Residencia: Tui.
4ª Pregunta: Estado Civil: Solteiro.
5ª Pregunta: Altura e peso (en forma): 1.84 cm e 71 kg.
6ª Pregunta: Pulsacións en repouso: 38 ppm.
7ª Pregunta: Máximas pulsacións en competición: 203 ppm.
Ahora nos vamos a centrar en su faceta como ciclista:
8ª Pregunta: Puro-Ciclismo: ¿Comezaches no ciclismo debido a?:
Gustavo: No Verán, o ir o río a bañarnos desviabamos para coller un par de baixadas polo monte, e pouco a pouco esas voltas fixéronse máis e máis longas ata que un día me din de conta que iso era o que me gustaría facer tódolos días. Despois, xa de afeccionado de 3º ano veu o cambio para a estrada.
9ª Pregunta: P-C: A túa primeira Bicicleta:
Gustavo: Derby Rabasa (BTT).
10ª Pregunta: P-C: ¿Que fixestes co teu primeiro salario como ciclista profesional?:
Gustavo: Aforrar para irme de vacacións os Picos de Europa.
11ª Pregunta: P-C: ¿Que é o máis importante na vida de Gustavo?:
Gustavo: A familia e os amigos.
12ª Pregunta: P-C: ¿O que máis valoras nunha persoa?,¿ e o que detestas dunha persoa?:
Gustavo: O que máis valoro é a sinceridade, gústame saber que podo confiar nunha persoa que realmente considero amiga. E, consecuentemente, o que máis detesto e a falsidade e a hipocrisía.
13ª Pregunta: P-C: ¿Que sería o primeiro que cambiarías da sociedade?,¿e do ciclismo?:
Gustavo: Da sociedade a sobreprotección á que estamos sometendo os rapaces. Os nenos son nenos e deben xogar no exterior co resto de rapaces, facer trasnadas, mancarse… e non telos recollidos todo o día na casa, estamos ante a xeración “burbulla” que soamente sabe relacionarse por internet.
Do ciclismo a presión ante a que estamos sometidos, o de ter que estar localizados permanente, non me parece nin xusto, nin lóxico. Esta claro que debe haber un control dos corredores, pero sen esaxerar… as veces temos a sensación de ser delincuentes.
14ª Pregunta: P-C: Un amigo/s no pelotón:
Gustavo: Mais de un. Algúns dos meus mellores amigos fíxenos no ciclismo. Moitos xa colgaron a bici e outros aínda seguen por ahí dando pedais. Pasar penurias enriba da bici fai lazos de unión bastante fortes.
15ª Pregunta: P-C: O que visite Tui, non pode deixar de visitar:
Gustavo: O parque natural do monte Alohia, ideal para dar un paseo e disfrutar das vistas dende os seus miradores (Disfrutar dunha noite de verán na cruz do monte Alohia en boa compañía non ten prezo). E a zona histórica de Tui coa súa catedral e a muralla de Valença como fondo.
16ª Pregunta: P-C: Que levarías a unha illa deserta ( 3 cousas):
Gustavo: Levaría a miña moza e despois máis que levar pediría que a illa fora paradisíaca con grandes praias e abundante vexetación onde non faltara comida nin bebida (creo que me estou pasando. Jejeje).
17ª Pregunta: P-C: Outras afeccións:
Gustavo: Encántame todo o que teña que ver coa montaña pero sobre de todo a escalada, encántame as sensacións que me da este deporte, faime sentir libre.
18ª Pregunta: P-C: Un coche soñado:
Gustavo: Non son un gran aficionado polos coches, inda que me encantaría ter unha furgoneta estilo Volkswagen California, para escapar por ahí os fins de semana (cando se me acabe o ciclismo será a 1ª inversión).
19ª Pregunta: P-C: Un personaxe histórico:
Gustavo: O que nos saque desta crise.
20ª Pregunta: P-C: Ciclista favorito ou que máis admiras:
Gustavo: Hai uns cantos, cando ves algunha exhibición pola tele podes quedar sorprendido, pero cando as ves en directo… bufff, hai xente que parece sobrehumana. Dos ciclistas actuais un dos que máis me sorprende e Cancellara... Vaia bicho!!!
21ª Pregunta: P-C: Ciclista que non sexa santo da túa devoción:
Gustavo: Polo xeral non me gusta a xente prepotente, gústame a xente normal, que non mira os demais por riba do ombro… algún hai, pero non é cuestión de dicir nomes. Jejeje.
22ª Pregunta: P-C: Un director deportivo:
Gustavo: Esta claro que Horacio Barros foi o director que me formou como ciclista e gárdolle un especial cariño. Despois no Paredes Castro (2º director) confiaba moito en min e fíxome ver que podía ser mellor ciclista do que cría.
23ª Pregunta: P-C: Día que ías sen cadea:
Gustavo: Na etapa con final no Alto do Malhao en Tras os Montes no 2008. Incrible!!! Iba tirando o Liberty a ritmo ata que quedamos en cabeza de grupo un grupiño de 4 corredores, e eu por debaixo do umbral. Non podía arrancar porque Eladio iba en solitario por diante. O final gañou Eladio a etapa, e eu fixen segundo.
24ª Pregunta: P-C: Día que máis sufriches nunha etapa:
Gustavo: Na volta a Portugal do 2006, a etapa de señora da Graça. Tiven unha caída forte baixando o Alto do Viso onde fisurei dúas costelas. Acabei a etapa cuns dores incribles, tomei a saída o día seguinte pero nos adoquins da neutralizada xa iba descolgándome. O tentei pero o final tiven que baixarme (era o penúltimo día). Foi a única Volta a Portugal que non rematei.
25ª Pregunta: P-C: ¿Que che pareceu este cuestionario?:
Gustavo: Bastante bo, as preguntas moi interesantes.

Mañana la segunda parte y gracias de nuevo a Gustavo por prestarnos tanto tiempo, lo seguiremos de cerca.
Para leer la segunda parte de la entrevista CLICK AQUÍ

Publicar un comentario

0 Comentarios